postulado
(< lat postulātu)
-
-
s
m
Proposición fundamental dun sistema dedutivo que nin é evidente nin pode ser demostrada. Tradicionalmente contrapoñíase ao axioma, por non ser evidente nin universalmente aceptado, e ao teorema, por non ser demostrable. Con posterioridade asimilouse ao axioma e entendeuse como propio do postulado a posición primaria que este ocupaba nun sistema formal, de tal xeito que todas as proposicións da teoría -teoremas- podían ser deducidas por unha cadea de razoamentos daqueles postulados (axiomática).
-
postulados da razón práctica
[FILOS]
Cada un dos tres principios expostos por Kant na Kritik der praktischen Vernunft en que a admisión deles é necesaria a partir do feito da consciencia moral e da lei moral, e que son o da liberdade do home, o da inmortalidade da alma e o da existencia de Deus.
-
postulados da razón pura
[FILOS]
Cada un dos tres principios, referentes ás categorías da modalidade, expostos por Kant na Kritik der reinen Vernunft e que dan razón da posibilidade, da realidade e da necesidade no seu uso empírico e que, como postulados do pensamento empírico en xeral, só son aplicables á experiencia posible e á súa unidade sintética.
-
s
m
-
postulado de Euclides
[MAT]
Quinto dos postulados de Euclides que afirma que, dada unha recta e un punto exterior, só se pode trazar por este unha recta paralela á recta dada.