Potel Lesquereux, Joaquín
Médico. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi decano da facultade de Medicina. Catedrático de Cirurxía e xefe do servizo de Cirurxía Xeral e Dixestivo da mesma facultade e do Hospital Clínico Universitario, presidiu diversas sociedades científico-médicas como a Sociedad Española de Aparato Digestivo, a Asociación de Coloproctología, a Asociación Española de Cirujanos e a Federación de Asociaciones Científicas Médicas Españolas (FACME). É o representante de España na Sección de Cirugía e no European Board of Surgery. Autor ou coautor de numerosas publicacións, é membro de número da Real Academia de Medicina de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, o premio da Fundación Puente Castro, a distinción como Médico del año (1999), outorgado por Edinsa a escala nacional; a Cruz al Mérito Sanitario (2003) e o Premio Novoa Santos (2004), da Asociación de Médicos Gallegos (ASOMEGA).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Caldas de Reis