potencial
(
-
adx
Relativo ou pertencente á potencia.
-
adx
Que existe en potencia, que pode suceder ou existir.
Ex: Poden ser socios potenciais.
-
-
s
m
Capacidade de obrar ou de actuar.
-
s
m
Conxunto de posibilidades ou medios que ten algo ou alguén.
Ex: Posúe un potencial que está por descubrir.
-
potencial bélico
[BÉL]
Capacidade ofensiva e defensiva dun estado para facer a guerra.
-
s
m
-
-
s
m
[FÍS]
Función escalar da que deriva un campo de forzas potencial segundo a expresión -6V = F, sendo 6 o operador gradiente. A diferenza de potencial entre dous puntos A e B é o traballo realizado polas forzas do campo para trasladar unha unidade de masa (ou de carga) de A a B.
-
potenciais de Lienard-Wiechert
[FÍS]
Funcións que dan o potencial escalar e o potencial vectorial do campo magnético creado por unha carga puntual dotada dun movemento arbitrario.
-
po-tenciais retardados /
[TECNOL/FÍS]
Funcións que determinan os potenciais escalar e vectorial dun campo electromagnético variable e, polo tanto, o valor nun punto, nun instante dado depende do que sucedeu noutro punto, anteriormente, despois de que a perturbación se propagase cunha velocidade finita.
-
potencial de contacto /
[TECNOL/FÍS]
alor da diferenza de potencial que se mide entre dous condutores cando están en contacto, polo feito de haber un fluxo de cargas eléctricas dun ao outro, porque os traballos de saída destes son diferentes para cada tipo de condutor e para cada estado termodinámico.
-
potencial de contacto
[FÍS]
Diferenza entre os valores das enerxías de traballo de saída dos electróns de cada un dos elementos dunha unión de dous metais, dun metal e un semicondutor, ou de dous semicondutores.
-
potencial de ionización /
[FÍS/QUÍM]
enerxía de ionización.
-
potencial electromagnético
[FÍS]
Cada unha das funcións A e V, no estudo do electromagnetismo, e cando non se pon condicións ás variacións temporais dos campos eléctrico E e magnético B, tales que
E = -gradV - ∂A/∂t, e
B = rot A
A é o potencial vector e V, o potencial escalar do campo eléctrico. -
potencial electrostático/escalar /
[TECNOL/FÍS]
Función escalar cun gradiente que define o campo eléctrico. O potencial nun punto mide o traballo necesario para levar a unidade de carga eléctrica positiva do infinito ata este punto. A diferenza de potencial (tensión) entre dous puntos mide o traballo necesario para levar a unidade de carga eléctrica positiva dun punto a outro. Convencionalmente atribúese o valor 0 ao potencial da Terra. A unidade de medida do potencial é o volt.
-
potencial escalar magnético /
[TECNOL/FÍS]
Función escalar cun gradiente que é a indución magnética. Só existe nas rexións do espazo en que non hai densidade de corrente.
-
potencial gravitacional/ de gravitación
[FÍS]
Para un punto calquera do espazo, función das súas coordinadas espaciais e do tempo, da que se deriva o campo gravitacional neste punto.
-
potencial magnético
[FÍS]
forza magnemotriz.
-
potencial vectorial /
[TECNOL/FÍS]
Función vectorial cun rotacional que dá a indución magnética en cada punto do espazo.
-
s
m
[FÍS]
-
potencial biótico
[ECOL]
Capacidade dos organismos para reproducirse en condicións óptimas.
-
potencial de eléctrodo
[FÍS/QUÍM]
Estado de equilibrio eléctrico dunha substancia (elemento químico ou composto) que se mergulla nunha disolución que a contén en forma iónica. Formalmente exprésase pola lei de Nernst. O potencial de eléctrodo dunha substancia non pode ser medido dunha maneira absoluta, senón formando unha pila con outra que se toma como referencia (de potencial cero). Adóitase tomar como referencia o eléctrodo de hidróxeno ou o eléctrodo de calomelanos.
-
potencial evocado
[MED]
Actividade eléctrica xerada no esforzo cerebral que pode ser producida pola estimulación dos órganos sensoriais ou pola aplicación de estímulos sensitivos nalgún punto das vías nerviosas que soben cara ao córtex.
-
potencial químico
[QUÍM/FÍS]
Derivada do potencial termodinámico respecto ao número de partículas dun determinado constituínte dunha mestura. OBS: Tamén se denomina enerxía libre molar parcial.
-
potencial termodinámico
[QUÍM/FÍS]
Nome dado á enerxía libre de Gibbs dun sistema termodinámico G = H - TS, sendo H a entalpía, T a temperatura absoluta e S a entropía do sistema.