potlatch*
potlatch*
s
m
[ANTROP/CULT]
Conxunto de cerimonias e rituais practicados ata mediados do s XX entre diversas etnias da costa NO da América do Norte, que consistían na distribución e destrución masivas de bens e alimentos. Chamou a atención dos antropólogos, por representar un comportamento aparentemente antieconómico e por confluíren nel diversos aspectos económicos ou relixiosos que habitualmente se presentan de xeito separado.