potestade

potestade

(< lat potestāte)

  1. s f

    Poder, facultade ou dominio que se ten sobre persoas ou cousas.

  2. s f [HIST/DER]

    Xurisdición sobre un castelo ou demarcación que se tiña en feudo dos ss X ao XV. Cando o vasalo tiña a investidura dun feudo por un señor superior, aquel e os seus sucesores tiñan que devolver a súa posesión cando lla requirisen.

  3. s f pl [RELIX]

    Conxunto de anxos que constitúen a xerarquía inferior do segundo coro da orde anxélica na anxeloloxía do Pseudo-Denís.

  4. patria potestade [DER]

    patria potestade.

  5. potestade discrecional [DER]

    Exercicio dunha facultade mediante un proceso aplicador do ordenamento xurídico en que ten unha relevancia especial a estimación subxectiva ou libre apreciación da administración.

  6. potestade eclesiástica [RELIX]

    poder espiritual.

  7. potestade regulada [DER]

    Exercicio dunha facultade que exclúe a apreciación subxectiva da administración ao prever e determinar o ordenamento xurídico todas as súas condicións, os seus termos e as súas consecuencias.

  8. potestade secular [HIST/DER]
    1. Poder civil.

    2. Potestade que correspondía ao monarca e aos organismos xurisdicionais dependentes deste, dos ss XV ao XIX, contra os xuíces eclesiásticos que querían ocuparse de materias reservadas á xurisdición secular.