potestade
(< lat potestāte)
-
s
f
Poder, facultade ou dominio que se ten sobre persoas ou cousas.
-
s
f
[HIST/DER]
Xurisdición sobre un castelo ou demarcación que se tiña en feudo dos ss X ao XV. Cando o vasalo tiña a investidura dun feudo por un señor superior, aquel e os seus sucesores tiñan que devolver a súa posesión cando lla requirisen.
-
s
f pl
[RELIX]
Conxunto de anxos que constitúen a xerarquía inferior do segundo coro da orde anxélica na anxeloloxía do Pseudo-Denís.
-
patria potestade
[DER]
patria potestade.
-
potestade discrecional
[DER]
Exercicio dunha facultade mediante un proceso aplicador do ordenamento xurídico en que ten unha relevancia especial a estimación subxectiva ou libre apreciación da administración.
-
potestade eclesiástica
[RELIX]
poder espiritual.
-
potestade regulada
[DER]
Exercicio dunha facultade que exclúe a apreciación subxectiva da administración ao prever e determinar o ordenamento xurídico todas as súas condicións, os seus termos e as súas consecuencias.
-
potestade secular
[HIST/DER]
-
Poder civil.
-
Potestade que correspondía ao monarca e aos organismos xurisdicionais dependentes deste, dos ss XV ao XIX, contra os xuíces eclesiásticos que querían ocuparse de materias reservadas á xurisdición secular.
-