Pot’omkin
Pot’omkin
Nome do acoirazado da armada imperial rusa onde estalou un motín protagonizado polos seus mariñeiros, en Odessa, en 1905. As causas foron a mala alimentación, as pésimas condicións hixiénicas e a ríxida disciplina á que se vían sometidos. Co seu descontento sumáronse ás protestas que tiveron lugar durante Revolución Rusa de 1905. Os amotinados non conseguiron que se lles unise toda a frota do Mar Negro e acabaron por renderse ás autoridades romanesas (8 de xullo). A súa historia deu orixe ao filme Bronenosets Potemkin (1925), de S. M. Ejzenstein.