Pot’omkin, Grigorij Aleksandrovič

Pot’omkin, Grigorij Aleksandrovič

Político e militar ruso. Participou na Primeira Guerra Ruso-turca (1768-1774). Foi o favorito de Catarina II de Rusia (1774-1776), sobre a que tivo unha grande influencia política. Impulsou a anexión do Khanato de Crimea ao Imperio Ruso (1783) e a fundación de Sebastopol (1784). Organizou a Segunda Guerra Ruso-turca (1789-1791), pero non tivo éxito e perdeu a influencia política sobre Catarina II.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : preto de Smolensk

  • Deceso

    Lugar : preto de Mykolajiv