Potosí

Potosí

Capital do departamento de Potosí, Bolivia (133.268 h [2001]). Situada a 4.144 m de altitude, é unha das cidades máis elevadas do mundo e famosa polas súas minas de prata. Fundada en 1544 a raíz do descubrimento de prata, a cidade medrou rapidamente grazas a un elevado crecemento demográfico. Vila imperial (1547) e centro universitario (1571), o esgotamento das vetas de prata na segunda metade do s XVII provocou a súa decadencia definitiva. O estilo barroco introduciuse no s XVII e deu lugar ás igrexas de San Agustín, Santa Teresa e Las Mercedes. A cidade foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1987).