Potsdam, Conferencia de
Potsdam, Conferencia de
Conferencia internacional celebrada polos aliados en Potsdam entre o 17 de xullo e o 2 de agosto de 1945, para tratar os problemas de paz tras a Segunda Guerra Mundial. Participaron nela os representantes de EE UU (Truman e Byrnes), a URSS (Stalin e Molotov) e Reino Unido (Churchill e Eden). Acordouse o futuro de Alemaña coa elaboración dos tratados de paz, a división de Alemaña e Berlín en catro zonas de ocupación militar (estadounidense ao SO, francesa ao O, británica ao NO e soviética ao L), o desarmamento e a desmilitarización do Terceiro Reich e a división de Prusia Oriental entre a URSS e Polonia, establecendo a liña do Oder-Neisse.