Pourbus, Pieter Jansz

Pourbus, Pieter Jansz

Pintor flamengo. Introduciu en Bruxas o gusto italiano manierista con influencia de F. Primaticio. Cultivou o retrato e a pintura de xénero galante. O seu fillo Frans Pourbus o Vello (Bruxas 1545-1581), foi discípulo de Frans Floris e cultivou o retrato. O seu neto Frans Pourbus o Novo (Anveres 1569-París 1622) traballou para o duque de Mantua con P. P. Rubens e para Maria de Medici.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Gouda

  • Deceso

    Lugar : Bruxas