Poussin, Nicolas
Poussin, Nicolas
Pintor francés. Formado con Noël Jouvenet, recibiu influencias de Quentin Varin. Foi a París (1612) e traballou nos talleres de Georges Lallemand, Ferdinand Elle e Alexandre Courtois, onde colaborou con Philippe de Champaigne. En 1624 instalouse en Roma onde admirou a Rafael e Tiziano e pintou dentro dunha estética clasicista obras como Et in Arcadia ego... (1629-1630), Le triomphe de Flora e a serie de Bacchanales encargadas polo cardeal Richelieu. Volveu á corte francesa (1640), como pintor recoñecido e pintou a Dernière Cène para a capela de Luís XIII de Francia.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Villers -
Deceso
Lugar : Roma