Pozzuoli

Pozzuoli

Cidade de Campania, Italia, situada na provincia de Nápoles (78.758 h [2001]). Atópase no centro do golfo homónimo, e nela destacan o porto e as termas. Fundada por exiliados de Samos (529-528 a C), foi dominada polos samnitas (s V a C) e converteuse en colonia romana (194 a C) co nome de Puteoli. Conserva o antigo mercado, o anfiteatro de Vespasiano, o templo de Augusto e antigas vilas romanas.