Prada
Prada
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, seis luneis de goles, colocados en dous paus de tres. Outra variante ten, en campo de azul, dous grupos de chamas da súa cor, colocados en pau, arrimados de seis luneis de prata, tres en cada flanco, colocados en pau. Outra ten, en campo de ouro, tres bandas de azul, e brochante e sobre o todo dúas serpes afrontadas coas colas enlazadas na punta, colocadas en orla. Outra, en campo de goles, con cinco grupos de chamas, de prata, colocados en aspa; bordo de goles cargado de seis crecentes de goles, ranversados.