práctico -ca

práctico -ca

(< lat practĭcu < grπραχτιχός)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á práctica.

  2. adx

    Que se afasta de consideracións teóricas.

  3. adx

    Que é util ou busca o lado funcional das cousas.

    Ex: Iso é pouco práctico para cociñar. É unha persoa práctica é resolutiva.

  4. adx

    Que ten destreza e habilidade con algo.

    Ex: Está moi práctica en ir ao mercado.

  5. s [MAR]
    1. Mariñeiro experimentado, bo coñecedor dunha paraxe determinada dunha costa, profesionalmente especializado en coller o mando de barcos ou axudar os capitáns, na navegación por aquelas paraxes.

    2. Piloto ou capitán da mariña mercante que dirixe a entrada ou saída de embarcacións dun porto. A súa presenza é obrigatoria en todos os barcos para as mencionadas operacións, agás nos de menos de 50 toneladas, nos que teñen algún tripulante titulado práctico da localidade e nos de cabotaxe. OBS: Tamén se designa coa expresión práctico de porto.

Palabras veciñas

Practicante Compostelano, El | practicar | Prácticas Modernas | práctico -ca | Prada | Prada | Prada