Prácticas Modernas

Prácticas Modernas
[PUBLIC]

Revista publicada na Coruña a partir do 1 de xaneiro de 1903. Dirixida por Xosé Gradaille e logo por Xoán Rof Codina, foi unha publicación ilustrada de carácter agrarista publicada primeiro cada quince días e logo mensualmente. Defendeu a modernización agrícola de Galicia, superando o sistema foral e, baixo un punto de vista liberal e modernizador, contou coa colaboración de relevantes agraristas. A partir de 1906 (nº73) fusionouse coa revista santanderina Industrias Rurales, e denominouse Prácticas modernas e industriales rurales. A finais de marzo de 1907 converteuse en voceira do Sindicato Cámara Agrícola da Coruña, agrupación que combatía as tendencias anarquistas de Unión Campesina. Deixou de publicarse en Galicia en 1913, reaparecendo como sección fixa para Galicia e Asturias dentro de El Cultivador Moderno e baixo a dirección de Rof Codina, ata que cesou coa Guerra Civil.

Palabras veciñas

practicante | Practicante Compostelano, El | practicar | Prácticas Modernas | práctico -ca | Prada | Prada