Prado Plana, Miguelanxo
Debuxante, guionista, pintor e escritor. Cofundador de Xofre (1979), colaborou en El Jueves e Norma Editorial, e desde 1998 dirixiu o salón Viñetas desde o Atlántico. Autor da serie animada Men in Black (1998) e dos álbums Trazo de xiz (1990), Stratos e Tanxencias, realizou as bandas deseñadas Pedro e o lobo e El Manantial de la noche. Ademais creou o Xabarín Club (1994) e os personaxes da serie Os vixilantes do Camiño (2000), e ilustrou numerosos libros como Ameaza na Antártida (1997) e As Aventuras de Said e Sheila (2001), de Ramón Caride, e Contos de Nadal, de Manuel Rivas (2003).
Recibiu, entre outros, o Premio do Salón Internacional del Cómic de Barcelona á mellor obra en 1989 e 1994, o Premio da Asociación Internacional de Ilustradores (1992), o Premio da Crítica Galicia (1993), o Premio BD Boum en Blois (2001). Tamén o Premio Eisner á mellor antoloxía por Sandman: Noches eternas (2004), Mellor obra e mellor guión do Salón del Cómic de Barcelona por La mansión de los Pampín (2005), Gran Premio do Salón del Cómic de Barcelona (2007), Mellor obra do Salón del Cómic de Barcelona por Ardalén (2013) e Premio Nacional de Cómic (2013).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña