Praga, Paz de
Praga, Paz de
Acordo asinado o 23 de agosto de 1866, que puxo fin á Guerra Austro-prusiana, iniciada aquel mesmo ano. Austria aceptou pagar unha indemnización de guerra e permitir a formación dunha Confederación de Alemaña do Norte e a incorporación dos ducados de Slesvig e Holstein a Prusia.