pranto
(< lat planctu ‘lamentación’)
-
s
m
Choro persistente e queixoso.
-
s
m
Antigo costume de ir chorar os mortos ao velorio e no traslado ao cemiterio.
Sinónimos: choro. -
s
m
[LIT]
Xénero lírico da poesía galego-portuguesa, derivado do planctus latino medieval, como canto funerario destinado a lamentar a morte de altos personaxes políticos e relixiosos, moi semellante ao seu arquetipo provenzal (planh), aínda que con algunha simplificación dos seus compoñentes temáticos e menos refinado. Concéntrase sobre todo no eloxio, de carácter máis enfático ca exacto, e no elemento satírico, presente nas imprecacións, que lle fai manter unha estreita relación co sirventés. As literaturas en lingua vulgar ampliaron o seu destino a personaxes menos coñecidos, á paixón e morte de Cristo, e ao falecemento de mártires e santos. Na lírica galego-portuguesa só se conservan cinco prantos, catro deles escritos por Pero da Ponte, e un polo xograr Johan de Leon.
Refráns
- Moitos van ao pranto, e cada un chora o seu crebanto.
- Nin enterro sen pranto nin romaría sen santo.
- O pranto nun enterro é como a gaita nun turreiro.