pranto

pranto

(< lat planctu ‘lamentación’)

  1. s m

    Choro persistente e queixoso.

  2. s m

    Antigo costume de ir chorar os mortos ao velorio e no traslado ao cemiterio.

    Sinónimos: choro.
  3. s m [LIT]

    Xénero lírico da poesía galego-portuguesa, derivado do planctus latino medieval, como canto funerario destinado a lamentar a morte de altos personaxes políticos e relixiosos, moi semellante ao seu arquetipo provenzal (planh), aínda que con algunha simplificación dos seus compoñentes temáticos e menos refinado. Concéntrase sobre todo no eloxio, de carácter máis enfático ca exacto, e no elemento satírico, presente nas imprecacións, que lle fai manter unha estreita relación co sirventés. As literaturas en lingua vulgar ampliaron o seu destino a personaxes menos coñecidos, á paixón e morte de Cristo, e ao falecemento de mártires e santos. Na lírica galego-portuguesa só se conservan cinco prantos, catro deles escritos por Pero da Ponte, e un polo xograr Johan de Leon.

Refráns

  • Moitos van ao pranto, e cada un chora o seu crebanto.
  • Nin enterro sen pranto nin romaría sen santo.
  • O pranto nun enterro é como a gaita nun turreiro.