Prandtl-Meyer, expansión de
Prandtl-Meyer, expansión de
[FÍS]
Expansión dun fluído comprensible que se move a velocidade supersónica arredor dunha superficie convexa e orixina unha sucesión de ondas de Mach a través das que ten lugar tal expansión. A teoría deste proceso foi formulada en 1907 por L.Prandtl e elaborada posteriormente por Th. Meyer.