preámbulo

preámbulo

(< lat praeambŭlu ‘quevai diante’)

  1. s m
    1. Fórmula introdutoria no texto dun documento, de forma e contido moi variados.

    2. Texto que encabeza un escrito ou documento e que ten por obxecto presentar os principios fundamentais e xustificativos.

      Confrontacións: limiar, prólogo.
  2. s m

    Digresión antes de comezar a expoñer claramente unha cousa.

    Ex: Déixate de preámbulos e fala claro.

  3. s m

    Aquilo que precede ou anuncia algún acontecemento.

    Ex: Aquelas protestas foran o preámbulo da súa dimisión.

    Confrontacións: prólogo.
  4. preámbulos de fe [RELIX]

    Condicións previas que á fe, en calidade de ofrecemento de Deus a todo home, presupón no ser humano a finalidade de que ao acto de fe non lle siga ningunha cousa extrínseca.

Palabras veciñas

Prealpes | prealpino -na | preamar | preámbulo | preamplificador | preanestesia | prear