precario -ria
precario -ria
(< lat precarĭu)
-
adx
-
Que non ofrece garantías de duración.
-
Que non ten os medios ou recursos suficientes.
Ex: Viven nunha situación precaria.
-
-
adx e s
m
[DER/HIST]
Aplícase ao contrato polo que unha persoa lle cede a outra o uso gratuíto dunha cousa por tempo discrecional, polo tanto, pode revogalo sempre.
Frases feitas
-
En precario. De forma precaria.