precario -ria

precario -ria

(< lat precarĭu)

  1. adx
    1. Que non ofrece garantías de duración.

    2. Que non ten os medios ou recursos suficientes.

      Ex: Viven nunha situación precaria.

  2. adx e s m [DER/HIST]

    Aplícase ao contrato polo que unha persoa lle cede a outra o uso gratuíto dunha cousa por tempo discrecional, polo tanto, pode revogalo sempre.

Frases feitas

  • En precario. De forma precaria.

Palabras veciñas

precapitalismo | precapitalista | precariedade | precario -ria | precaución | precautorio -ria | precaver