precapitalista

precapitalista

(

adx [ECON]

Aplícase, dentro da teoría do materialismo histórico marxista, ao conxunto de modos de produción anteriores ao capitalista, polo que abrangue un longo período na evolución social da humanidade que vai desde as sociedades comunistas primitivas, caracterizadas por un baixo nivel de desenvolvemento das forzas produtivas e pola carencia de explotación e de división social en clases antagónicas, ata sociedades como a feudal, cun elevado nivel de división social. K. Marx foi o primeiro en analizar estas formacións sociais, ás que lles deu o nome de formacións económicas precapitalistas.

Palabras veciñas

precanceroso -sa | precancro | precapitalismo | precapitalista | precariedade | precario -ria | precaución