preescolar

preescolar

(

adx [EDUC]

Relativo ou pertencente á etapa anterior á escolarización obrigatoria dun neno. Corresponde co período da educación infantil do novo sistema educativo establecido en 1990 pola Lei Orgánica de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE), dividida en dúas etapas: a primeira desde o nacemento ata os tres anos, e a segunda, desde os tres aos seis anos. Ata aquel momento comprendía dúas etapas: a do xardín de infancia (dos dous aos catro anos) e a de parvulario (de catro a seis anos). O obxectivo era axudar o neno a conseguir a súa propia autonomía motriz, afectiva e intelectual. Os primeiros centros foron creados no s XIX como institucións de natureza benéfica para as familias obreiras para coidar dos fillos de nais traballadoras. Paralelamente xurdiron os primeiros intentos de converter estes centros en lugares onde se lles proporcionase educación e distracción aos nenos. Pedagogos como E. Fröbel, as irmás Agazzi, M. Montessori, O. Decroly e C. Freinet crearon os seus propios centros e divulgaron os seus métodos, introducidos en España por P. Montesino, os irmáns Canals e A. Rubies.