preexistencia
preexistencia
(< lat praeexistentĭa)
-
s
f
Feito de preexistir.
-
preexistencia da alma
[RELIX/FILOS]
Existencia da alma con anterioridade á súa unión co corpo, en certas relixións antigas e en diversas doutrinas filosóficas como o pitagorismo, platonismo, orixenismo e priscilianismo. A preexistencia das almas pode ser entendida como a ordenada desde un principio a unha futura encarnación ou como a existencia orixinariamente espiritual e pura que se ve degradada despois, por unha culpa, nunha existencia incorporada.
-
preexistencia de Xesús Cristo
[RELIX]
Existencia eterna de Xesús Cristo previa á súa manifestación histórica na persoa de Xesús de Nazaret, en tanto que foi por el, como Verbo de Deus feito home, que Deus creou o mundo con vista á futura salvación. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].