prefectura

prefectura

(

  1. s f
    1. Dignidade e cargo de prefecto.

    2. Época e duración do goberno dun prefecto.

    3. Conxunto de prefectos dun país.

  2. s f
    1. Edificio onde o prefecto reside ou exerce o seu cargo.

    2. [HIST]

      Conxunto de edificios, na Roma imperial, constituído polos arquivos, a oficina do prefecto ou secretarium e as salas onde se comunicaban as súas decisións ou tribunalia.

  3. s f
    1. [HIST]

      Territorio do Imperio Romano gobernado por un prefecto. Coa administración de Diocleciano, formáronse as catro prefecturas das Galias, Iliria, Roma e Oriente. Roma e Constantinopla formaron sempre unha prefectura independente. Subdividíanse en dioceses.

    2. [HIST]

      División administrativa de España, creada, en número de 38, por decreto de Xosé Bonaparte o 17 de abril de 1810. Á súa fronte estaba un prefecto. Galicia organizouse en catro prefecturas e doce subprefecturas: a da Coruña, co subprefecturas na Coruña, Santiago de Compostela e Corcubión; a de Lugo, con subprefecturas en Lugo, Mondoñedo e Viveiro; a de Ourense, con subprefecturas en Ourense, Monterrei e Monforte; e a de Vigo, con subprefecturas en Vigo, Pontevedra e Tui.

    3. [XEOG/ADM]

      Unidade administrativa territorial de primeiro grao propia de diversos estados como Xapón (ken), República Centroafricana, Rwanda (ata 2002) ou Chad.

  4. s f [XEOG/ADM]

    Capital dun departamento francés.

  5. prefectura apostólica [ADM/RELIX]

    Circunscrición eclesiástica propia dos países de misión, previa á diocese, rexida por un prefecto apostólico.