prefectura
(
-
s
f
-
Dignidade e cargo de prefecto.
-
Época e duración do goberno dun prefecto.
-
Conxunto de prefectos dun país.
-
-
s
f
-
Edificio onde o prefecto reside ou exerce o seu cargo.
-
[HIST]
Conxunto de edificios, na Roma imperial, constituído polos arquivos, a oficina do prefecto ou secretarium e as salas onde se comunicaban as súas decisións ou tribunalia.
-
-
s
f
-
[HIST]
Territorio do Imperio Romano gobernado por un prefecto. Coa administración de Diocleciano, formáronse as catro prefecturas das Galias, Iliria, Roma e Oriente. Roma e Constantinopla formaron sempre unha prefectura independente. Subdividíanse en dioceses.
-
[HIST]
División administrativa de España, creada, en número de 38, por decreto de Xosé Bonaparte o 17 de abril de 1810. Á súa fronte estaba un prefecto. Galicia organizouse en catro prefecturas e doce subprefecturas: a da Coruña, co subprefecturas na Coruña, Santiago de Compostela e Corcubión; a de Lugo, con subprefecturas en Lugo, Mondoñedo e Viveiro; a de Ourense, con subprefecturas en Ourense, Monterrei e Monforte; e a de Vigo, con subprefecturas en Vigo, Pontevedra e Tui.
-
[XEOG/ADM]
Unidade administrativa territorial de primeiro grao propia de diversos estados como Xapón (ken), República Centroafricana, Rwanda (ata 2002) ou Chad.
-
[HIST]
-
s
f
[XEOG/ADM]
Capital dun departamento francés.
-
prefectura apostólica
[ADM/RELIX]
Circunscrición eclesiástica propia dos países de misión, previa á diocese, rexida por un prefecto apostólico.