prefecto -ta

prefecto -ta

(< lat prafectu)

    1. s m [HIST]

      Oficial que, na Roma antiga, desempeñaba funcións xurisdicionais por mandato ou delegación dos maxistrados superiores. Entre todos eles destacaban o praefectus iure dicundo, encargado da xurisdición das cidades que distaban de Roma, o praefectus urbi, que tiña que substituír os cónsules nas súas ausencias, e o praefectus praetorio, comandante da tropa imperial.

    2. s [DER/ADM]

      Grao da administración francesa que se constitúe en depositario da autoridade do estado no ámbito do departamento. Como tal é o representante do primeiro ministro e de cada un dos membros do goberno, posúe autoridade sobre os servizos exteriores do estado no departamento e exerce o control administrativo das entidades territoriais do mesmo. Ata a reforma da adminstración de 1982 exercía tamén o poder executivo no departamento.

    3. s [DER/RELIX]

      Presidente dun tribunal, xunta ou comunidade eclesiástica.

    4. prefecto apostólico [RELIX]

      Bispo ou sacerdote delegado pola congregación de Propaganda Fide para que goberne e se ocupe dos asuntos eclesiásticos nun territorio de misión onde aínda non hai organizada unha xerarquía ordinaria.

    5. prefecto da sagrada congregación [RELIX]

      Cardeal delegado polo papa de Roma para presidir unha congregación.

    6. prefecto ecuestre [HIST]

      Oficial militar romano que estaba á fronte das tropas de cabalaría.

  1. s [RELIX]

    Encargado da formación dos mozos e de velar pola disciplina nalgúns colexios relixiosos ou seminarios.

Palabras veciñas

prefacio | prefación | prefanerógamo -ma | prefecto -ta | prefectura | preferencia | preferencial