preferencia
(< lat praefĕrens-entis, p pres de praeferre)
-
s
f
-
Acción de preferir.
-
Cousa que se escolle dentro dun grupo.
-
-
s
f
Prioridade, vantaxe ou favor que se ten sobre algo ou alguén.
Sinónimos: predilección. -
s
f
Lugar preferente nunha sala de espectáculos ou nun estadio deportivo.
-
s
f
[DER/ECON]
Dereito concedido nunha compravenda a un dos compradores para adquirir unha cousa moble, sempre que non tomase posesión antes ca os outros compradores.
-
[ECON]
-
s
f
Motivo que fai que o suxeito dunha decisión económica se incline pola adquisición ou conservación dun ben determinado comparando a súa utilidade coa doutros. A preferencia temporal fai referencia á elección duns bens determinados, independentemente do seu prezo. A preferencia revelada explica o comportamento da demanda e baséase na racionalidade do consumidor individual e na posibilidade de ordenar obxectivamente as súas preferencias.
-
sistema xeneralizado de preferencias
Réxime aduaneiro multilateral integrado na UNCTAC en 1970 polos estados desenvolvidos en favor dos produtos manufacturados importados dos países en vías de desenvolvemento, polo que se reducen ou mesmo suprimen os aranceis, pero con posibles restricións cuantitativas.
-
s
f
Refráns
- Ave por ave, o porco, se voase.
- Cen anos de guerras e non un de preitos.
- Déanme vinte voces e non me dean dous couces.
- Dos peixes, o mero; e das carnes, o carneiro.
- Máis quero hoxe ovos que mañá polos.
- Máis quero neno mamón, que neno bonito e pasmón.
- Máis quero o neno chuchón que chorón.
- Máis quero pouco en seguro, que moito con perigo.
- Máis quero un toma, que dous che darei.
- Máis vale que sobre que non que falte.
- Quero máis pouco e ben gañado, que moito e mal gastado.
- Veñan dúas mil e non veña unha de abril.