Prego Rajo, Benigno
Músico, compositor e director de orquestra. Membro da banda de música Unión de Guláns, aprendeu solfexo e clarinete. En 1947 ingresou como músico no Cuerpo de Músicas Militares de Aviación en León, onde ampliou os seus estudos de harmonía. No Conservatorio de León realizou a carreira de Piano e no Conservatorio Superior de Música de Madrid estudou contrapunto, fuga e composición. Entre 1967 e 1971 dirixiu o coro Rosalía de Castro do Centro Gallego de Madrid e foi profesor numerario na cátedra de Contrapunto e Fuga. En 1976 foi nomeado director musical do Goberno Militar en Valladolid e profesor especial de harmonía e formas musicais no conservatorio desta cidade. Compuxo unha gran cantidade de obras para bandas de música, corais e música de cámara, das que destacan De Guláns a Cristiñade, El sombrero de tres picos, Unha noite, El pez rojo ou Cuarteto en sol menor. Foi galardoado co Premio de Contrapunto y Fuga do Real Conservatorio de Música de Madrid e coa Cruz da Real y Militar Orden de San Hermenegildo.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Guláns, Ponteareas