Prego Vieira, Xosé

Prego Vieira, Xosé

Sindicalista. Defensor das posicións máis moderadas dentro da CNT, simpatizou co Partido Sindicalista sen que iso impedira a súa presenza no comité da Confederación Regional Galaica (CRG) ao redor de 1934 e 1935. En Asturias formou parte da directiva da Agrupación Confederal Galaica e en Barcelona encargouse da administración da revista Umbral e militou na Agrupación de Gallegos Libertarios. Ao rematar a Guerra Civil Española embarcou rumbo a México e participou en 1942 na fundación da CRG-CNT no exilio. Asinou as bases políticas da Alianza Nazonal Galega e recoñeceu a virtualidade do Estatuto de Galicia de 1936. Foi membro fundador da Agrupación de la CNT de España en México (1947).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña