prelado

prelado

(< lat praelātus)

s m [RELIX]

Eclesiástico que ten xurisdición ordinaria no foro externo ou que posúe este título honorífico. Distínguese entre prelados maiores (cardeais e bispos), e menores (abades, vicarios xenerais e capitulares). A prelatura honorífica establecida por Pío XI (1934) comprende os bispos asistentes ao solio, pronotarios e os prelados domésticos, que se outorgan a certos sacerdotes como recoñecemento papal. O prelado nullius está a cargo dun territorio non establecido como diocese.

Palabras veciñas

preito | prelación | prelada | prelado | prelas | prelaticio -cia | prelatura