preito
(< lat placĭtu ‘decreto,sentenza’)
-
s
m
Acción de preitear.
-
s
m
[DER]
Litixio ou contenda entre dúas partes.
Sinónimos: causa, xuízo, causa. -
s
m
[DER/HIST]
Procedemento contencioso, civil ou criminal, entre dúas partes litigantes. Presentada a demanda, solicítase a tutela do tribunal fronte ao demandado. Despois de examinar as alegacións e as probas, e de facer un resumo oral ou escrito delas, o tribunal dita sentenza, contra a que se pode presentar recurso.
-
preitos colombinos
[HIST]
Preitos presentados desde 1508 polos descendentes de Cristovo Colón á coroa castelá en que esixían a confirmación das concesións acordadas nas Capitulaciones de Santa Fe (1492) e outros privilexios acordados en 1492, 1493 e 1497. O preito principal desenvolveuse ata 1536, cando se lle concedeu a Luís Colón o título de almirante con carácter hereditario, entre outros privilexios.
Formas incorrectas
pleitoRefráns
- A chave do preito é o "escribano"; a do médico, o boticario.
- A mal dereito, bo preito.
- A quen mal queiras, en preitos o vexas.
- Bo ou mal preito, ten o escribán do teu xeito.
- Boa demanda ou ruín demanda, ten o escribán da túa banda.
- Cada preito leva almas ao inferno.
- Despois do derradeiro recurso adoita vir o discurso.
- En preito claro non é mes ter avogado.
- En preito vexas a quen mal queiras.
- Máis vale preitear por pouco que por moito.
- Máis vale ruÍn compostura que bo proveito.
- Non hai preito que non se arregre nin corno que non se endereite.
- Non quero preito co meu diñeiro.
- O bo preiteante -dixo Tomé- boca pechada, faldriqueira aberta e listo do pe.
- O bo preiteante ten que levar o diñeiro por diante.
- O bo preiteante, quedo da boca, listo da perna e aberto da falchoca.
- O peor do preito é que de un saian cento.
- O preito do pobre na proba morreo
- O que preitea quere paso largo e bulsa aberta.
- Os bos preitos son os alleos.
- Preito de pobre ao chegar á proba morreo
- Preitos non teñas, anque gañados os vexas.
- Preitos non teñas, anque os gañes.
- Quen de preito se librou, bo preito gañou.
- Quen de preito se librou, boa sorte alcanzou.
- Quen preitea ata de si mesmo sospeita.