preludio
(< lat praeludĭu)
-
s
m
Acción ou acontecemento que precede, prepara ou introduce algo máis importante.
-
s
m
Parte introdutoria que precede a algo.
Confrontacións: preámbulo, prefacio, prefación, prolusión. -
s
m
[MÚS]
-
Peza musical breve, de forma libre, normalmente para instrumentos de teclado, que nos ss XVI e XVII adoitaba preceder a unha obra máis extensa e complexa, e que no s XVIII constituía frecuentemente o primeiro tempo dunha suite ou doutra obra.
-
Peza musical de forma libre, independente e xeralmente para piano, que no s XIX se compoñían en series de vinte e catro ou de doce a partir dos de Chopin, Debussy, Rakhmaninov, Skr’abin, etc.
-
Composición musical improvisada que se interpreta como introdución e para comprobar a afinación do instrumento. Coa gaita adoita ser unha sucesión musical descendente, por graos conxuntos na maioría dos casos, que remata en do, e de ritmo non uniforme, xa que inclúe un ritardando cara ao final.
-