Premio Nacional de las Letras

Premio Nacional de las Letras
[LIT]

Galardón literario outorgado polo Ministerio de Educación a partir de 1984, co que se recoñece o labor literario dun escritor en calquera das linguas oficiais do Estado español. Xunto co Premio Cervantes, constitúe un dos principais galardóns das letras hispánicas. Josep Vicens Foix (1984) foi o primeiro galardoado, ao que seguiron, entre outros, Rosa Chacel (1987), José Hierro (1990), Carmen Martín Gaite (1994), Martí de Riquer (2000) e Félix Grande (2004).