Premio Nacional de Narrativa

Premio Nacional de Narrativa
[LIT]

Galardón literario concedido no seu formato actual polo Ministerio de Cultura á obra máis destacada do ano anterior en calquera das linguas oficiais do Estado español. O primeiro galardoado foi José L. Acquaroni, con Copa de sombra (1977). Os autores galegos premiados foron Alfredo Conde, con Xa vai o griffon no vento (1986); Manuel Rivas, con Que me queres, amor? (1996) e Suso de Toro, con Trece badaladas (2003).