Premio Planeta
Premio Planeta
[LIT]
Premio literario anual creado polo editor José Manuel Lara en 1952 coa intención de promocionar a obra de autores en lingua castelá. Dotado coa maior contía económica dos que se entregan en España, constitúe un dos máis relevantes do panorama da novela hispánica. Ao primeiro galardoado, Juan J. Mira (1952) seguíronlle, entre outros, Ana Mª Matute (1954), Luis Romero (1963), Ángel Mª de Lera (1967), Joan Marsé (1978), G. Torrente Ballester (1988), Camilo J. Cela (1994) ou Lucía Etxebarría (2004).