Prensa Didáctica
Prensa Didáctica
Publicación editada na Coruña a partir do 15 de febreiro de 1977. De carácter pedagóxico, estivo promovida polo colexio xesuíta Santa María do Mar. Cunha saída quincenal e distribución gratuíta, estivo composta de 5 xornais dedicados ás áreas de ciencias, espírito, linguaxes, paraescolares e sociais. Durante os cursos escolares 77-78 e 78-79 editouse como suplemento de Ya e, a partir do 14 de marzo de 1982, en conxunto con La Voz de Galicia co nome de La Voz de la Escuela-Prensa Didáctica.