Prensa Ibérica, Editorial
Prensa Ibérica, Editorial
[COMUN]
Grupo empresarial de comunicación creado tras a compra da Editorial Prensa Canaria en 1978. Inserido dentro do Grupo Moll, a corporación constituíuse a partir de cabeceiras franquistas, daquela con problemas económicos, e doutras de nova creación (La Opinión A Coruña, La Opinión de Granada), que conformaron unha rede de 19 cabeceiras locais e rexionais, algunhas delas líderes nas súas provincias (La Nueva España, Levante ou Faro de Vigo) e unha de carácter deportivo (Super Deporte). O grupo tamén opera en Portugal (A Capital e O Comércio de Porto), mantén intereses no mundo editorial (Alba Editorial) e posúe varias frecuencias radiofónicas.