Preobraženskij, Jevgenij Aleksejevič

Preobraženskij, Jevgenij Aleksejevič

Economista ruso. Foi membro do comité central do PCUS, do que foi separado en 1921, por defender as teses de Trostki. Teórico da Revolución Rusa, propuxo investigar que lei económica presidía o desenvolvemento da economía de transición na URSS, que o levou a elaborar o concepto de acumulación socialista primitiva. Morreu executado. Escribiu Novaja Ekonomija (1926) e, con N. I. Bukharin, Bukvar’ Kommunizma (1919).

Cronología

  • Nacemento

  • Deceso

    Lugar : Moscova