prerrafaelismo
prerrafaelismo
(< pre- + Rafael + -ismo)
s
m
[ARTE/LIT]
Movemento pictórico formado en Reino Unido en 1848 coa Pre-Raphaelite Brotherhood (Irmandade Prerrafaelista), integrada por W. Holman Hunt, J. E. Millais, D. Gabriele Rossetti, J. Collison, Th. Woolner, F. G. Stephens e W. M. Rossetti. Compartían o desalento ante o que consideraban situación moribunda da pintura italiana e, como os nazarenos alemáns, revalorizaron a pintura italiana anterior a Rafael, a quen consideraban fonte do academicismo. Caracterizáronse por un forte medievalismo literario e cristián e puxeron a súa arte, dun detallismo minucioso, ao servizo dun alto grao de idealismo tanto formal como conceptual. Disolveuse en 1853.