prerrenacemento

prerrenacemento

(

s m [ARTE]

Período artístico desenvolvido en Italia durante os ss XIII e XIV, que se considera de transición cara ao rexurdimento do clasicismo sen ruptura coa tradición medieval. Na arquitectura destaca o Battistero de Parma, de Benedetto Antelami; a escultura está representada por Nicola Pisano e os seus discípulos; e a pintura por Giotto.

Palabras veciñas

Přerov | prerrafaelismo | prerrafaelista | prerrenacemento | prerrexistrado -da | prerrexistro | prerrogativa