prerrenacemento
prerrenacemento
(
s
m
[ARTE]
Período artístico desenvolvido en Italia durante os ss XIII e XIV, que se considera de transición cara ao rexurdimento do clasicismo sen ruptura coa tradición medieval. Na arquitectura destaca o Battistero de Parma, de Benedetto Antelami; a escultura está representada por Nicola Pisano e os seus discípulos; e a pintura por Giotto.