presenza
(< lat praesentĭa)
-
s
f
Feito de estar presente nun lugar.
Antónimos: ausencia, ausencia. -
s
f
Existencia de algo nun lugar ou nun momento determinados.
Antónimos: ausencia, ausencia. -
s
f
Aspecto exterior de alguén.
Sinónimos: aparencia, aparencia. -
s
f
[FILOS]
Categoría coa que se adoita expresar a relación que Deus mantén cara ás cousas e ao Universo.
-
s
f
[XEOG/BOT]
Carácter sintético das comunidades vexetais, definido como a existencia máis ou menos constante dunha especie nos diversos inventarios feitos dunha determinada asociación.
-
presenza eucarística/sacramental
[RELIX]
Presenza de Xesús Cristo na Eucaristía. San Pascasio Radbert (s IX) foi o primeiro en poñer en dúbida a identidade entre o corpo eucarístico de Xesús Cristo e o seu corpo resucitado, mentres que Guitmundo de Anveres (s XI) formulou a doutrina da impanación, que seguiu tamén Berenguel de Tours. A discusión levou ao establecemento, no Concilio IV de Letrán (1215), da doutrina da transubstanciación, que san Tomé de Aquino fundamentou filosoficamente a partir da teoría aristotélica da substancia e os accidentes, e que se impuxo sobre os católicos a partir do Concilio de Trento, que condenou a doutrina luterana da consubstanciación, herdeira da impanación. A diferenza de Lutero, H. Zwingli afirmou que o pan e o viño sacramentais só representan o corpo e o sangue de Xesús Cristo, mentres que Calvino insistiu no carácter espiritual da presenza de Xesús Cristo na Eucaristía.
Frases feitas
-
Presenza de ánimo. Tranquilidade ou serenidade ante un suceso