ausencia

ausencia

(< lat absentĭa)

  1. s f

    Feito de non estar unha persoa ou cousa onde debe ou onde se espera que estea.

    Ex: Ten que notar moito a súa ausencia porque estaba moi unido a ela. 

    Sinónimos: falta.
  2. s f

    Tempo durante o cal se está ausente.

    Ex: Durante a ausencia do xefe, o secretario atenderá os seus compromisos. 

  3. s f

    Privación ou carencia de algo.

    Ex: A ausencia de tacto xerou o conflito entre eles dous. 

    Sinónimos: falta.
  4. s f [DER]
    1. Condición da persoa que desapareceu do seu último domicilio ou residencia sen que se tiveran novas. A lexislación española considera tres situacións: ausencia presunta ou de feito, ausencia legal ou declarada -cando transcorreu un ano ou tres, se o desaparecido deixa ou non unha persoa apoderada-, e, máis alá de determinados termos, a declaración de morte.

    2. En dereito procesal canónico, rebeldía.

  5. s f [PAT]

    Breves interrupcións, de 5 a 30 segundos, da acción e da consciencia acompañadas dunha expresión estraña da mirada, propias das variedades máis leves da epilepsia ou dun pequeno mal.

  6. s f [PSIC]

    Perda momentánea da memoria ou do coñecemento que responde a causas diversas.

Frases feitas

  • En ausencia de. loc prep. A falta de. Ex: En ausencia dos teus pais, terás que asinar ti por eles.

  • Gardar as ausencias. Situación na que alguén vive pendente dun ser querido que está ausente. Ex: Gárdalle as ausencias mentres estea na emigración.

Palabras veciñas

auscultar | Auseklis | ausencia | ausencia | ausentado -da | ausentar | ausente