ausencia
(< lat absentĭa)
-
s
f
Feito de non estar unha persoa ou cousa onde debe ou onde se espera que estea.
Ex: Ten que notar moito a súa ausencia porque estaba moi unido a ela.
Sinónimos: falta. -
s
f
Tempo durante o cal se está ausente.
Ex: Durante a ausencia do xefe, o secretario atenderá os seus compromisos.
-
s
f
Privación ou carencia de algo.
Ex: A ausencia de tacto xerou o conflito entre eles dous.
Sinónimos: falta. -
s
f
[DER]
-
Condición da persoa que desapareceu do seu último domicilio ou residencia sen que se tiveran novas. A lexislación española considera tres situacións: ausencia presunta ou de feito, ausencia legal ou declarada -cando transcorreu un ano ou tres, se o desaparecido deixa ou non unha persoa apoderada-, e, máis alá de determinados termos, a declaración de morte.
-
En dereito procesal canónico, rebeldía.
-
-
s
f
[PAT]
Breves interrupcións, de 5 a 30 segundos, da acción e da consciencia acompañadas dunha expresión estraña da mirada, propias das variedades máis leves da epilepsia ou dun pequeno mal.
-
s
f
[PSIC]
Perda momentánea da memoria ou do coñecemento que responde a causas diversas.
Frases feitas
-
En ausencia de. loc prep. A falta de. Ex: En ausencia dos teus pais, terás que asinar ti por eles.
-
Gardar as ausencias. Situación na que alguén vive pendente dun ser querido que está ausente. Ex: Gárdalle as ausencias mentres estea na emigración.