presocrático -ca

presocrático -ca

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos presocráticos ou á súa filosofía.

  2. adx e s m [FILOS]

    Cada un dos pensadores gregos anteriores a Sócrates (ss VI-V a C), que integraron o primeiro período da filosofía grega. Destacaron os membros das denominadas escolas xónica, pitagórica e de Elea, como tamén os pluralistas e os sofistas, malia que boa parte dos pensadores integrantes destes dous últimos grupos foron contemporáneos de Sócrates ou mesmo posteriores. Foron coñecidos a partir de fragmentos que citaron nas súas obras filósofos e historiadores posteriores (Platón, Aristóteles ou Dióxenes Laercio) que intentaron, en xeral, explicar a constitución fundamental e o cambio da natureza.

Palabras veciñas

Preslav | Presley, Elvis Aron | preso -sa | presocrático -ca | presoiro | presonorización | presorreceptor