presocrático -ca
presocrático -ca
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos presocráticos ou á súa filosofía.
-
adx e s
m
[FILOS]
Cada un dos pensadores gregos anteriores a Sócrates (ss VI-V a C), que integraron o primeiro período da filosofía grega. Destacaron os membros das denominadas escolas xónica, pitagórica e de Elea, como tamén os pluralistas e os sofistas, malia que boa parte dos pensadores integrantes destes dous últimos grupos foron contemporáneos de Sócrates ou mesmo posteriores. Foron coñecidos a partir de fragmentos que citaron nas súas obras filósofos e historiadores posteriores (Platón, Aristóteles ou Dióxenes Laercio) que intentaron, en xeral, explicar a constitución fundamental e o cambio da natureza.